valedora-do-pobo
O PP salva de novo a Valedora condenada por enchufismo
No Parlamento

O PP salva de novo a Valedora condenada por enchufismo

Nin o peor resultado histórico do PP en Galiza fixo recuar o partido de Núñez Feixoo no Parlamento: os seus 38 deputados e deputados, presidente da Xunta incluído, votaron esta segunda feira por manter a valedora do pobo Milagros Otero no seu posto, malia a sentenza do Supremo que a implica en trato de favor á sobriña de Fraga Iribarne.
 

As reaccións tras a dimisión “en diferido” da valedora do pobo
O PP louva a decisión da valedora

As reaccións tras a dimisión “en diferido” da valedora do pobo

O PP cualifica de responsábel a decisión da valedora, mentres que Leiceaga agarda elixir a proxima após o 28A, Villares solicita debater no parlamento a renuncia inmediata e Pontón acusa a PP e PSOE de pactar a dimisión en diferido e esixe a renuncia.

A valedora do pobo pon o cargo a disposición do Parlamento
Por trato de favor á irmá de Puy (PP)

A valedora do pobo pon o cargo a disposición do Parlamento

Milagros Otero toma a decisión de presentar a carta de renuncia despois de que o Tribunal Supremo rexeitase o seu recurso e confirmase a nulidade do nomeamento dunha irmá do portavoz parlamentar do PP no Valedor do Pobo.

O Supremo confirma a nulidade do nomeamento dunha irmá do portavoz do PP no Valedor do Pobo
O TS REXEITA O RECURSO DA VALEDORA

O Supremo confirma a nulidade do nomeamento dunha irmá do portavoz do PP no Valedor do Pobo

A oposición pide o cesamento de Milagros Otero como valedora do Pobo e lembra ao PP que se comprometera a retirar a confianza á Valedora se o recurso desta perante o Supremo non prosperaba. O Tribunal Supremo vén de rexeitar o recurso de Otero contra o auto do TSXG que consideraba probado o trato de favor a unha irmá do portavoz parlamentar do PP.

OPINIÓN

A Valedora nos valla

O noso Estatuto creou a Institución do Valedor do Pobo como Comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades da cidadanía galega. Velaí a súa fulcral importancia, polo que cómpre esixirlle un moi elevado degrao de transparencia,...

A valedora non dimite

A valedora non dimite

Na súa comparecencia na Comisión de Peticións do Parlamento defendeu a súa inocencia fronte unha sentenza do TSXG que a sinalaba por “desvío de poder” o nomeamento para un cargo da irmá do portavoz do PP.

Unha valedora cun currículo inzado pola polémica

Unha valedora cun currículo inzado pola polémica

Desde a súa chegada ao posto, en setembro de 2015, Milagros Otero estivo no albo das críticas de oposición, sindicatos e colectivos sociais que a acusan de ser “a valedora do PP”. O trato de favor a unha irmá do portavoz parlamentar do PP é o último capítulo.

"Non nos vale esta Valedora"
A Mesa e a CIG esixen a dimisión de Milagros Otero polos seus ataques ao galego

"Non nos vale esta Valedora"

Os esforzos da Valedora do Pobo, Milagros Otero, por refrendar o discurso lingüístico do Partido Popular e os seus ataques lexislativos á lingua galega levaron a que A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG Ensino esixan a súa dimisión. Así o escenificaron esta mañá nunha concentración perante a sede da institución, ao carón do Parlamento de Galiza en Compostela, coa palabra de orde "Valedora dimisión".
 

A Valedora do Pobo avala o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística
A Mesa esixe a súa dimisión inmediata

A Valedora do Pobo avala o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística

A Valedora do Pobo vén de contradicir a Lei de Normalización Lingüistica nun escrito dirixido á Mesa. Nel apóiase na lexislación estatal para avalar que "os núcleos de poboación e demais topónimos serán designados na dúa denominación oficial e, cando fose necesario a efectos de identificación, en castelán". A Lei de Normalización, aprobada por unanimidade no Parlamento galego en 1983, especifica que "os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega".
 

A Valedora avala a actuación do centro que penalizou unha alumna por empregar Galiza

A Valedora avala a actuación do centro que penalizou unha alumna por empregar Galiza

A Valedora do Pobo dá por concluída a investigación aberta após un expediente de queixa posto en marcha a instancias da Mesa pola Normalización Lingüística. A alumna penalizada por escreber Galiza nos exames cursa 4 de primaria no CEIP Santa Irene (Porto do Son). O presidente da MNL pergúntase se pode continuar no cargo un minuto máis quen "desde os prexuízos ideolóxicos inutiliza continuamente unha institución feita para defender a cidadanía".