As sancións, bloqueo e a inxerencia en Venezuela, Cuba, Irán, Siria, Corea do Norte e mesmo contra potencias como Rusia e China son parte dunha guerra non declarada, baixo novas formas, por parte dos Estados Unidos. Esta confrontación ten como obxectivo reverter a tendencia dominante actual que, a medio prazo, cuestiona o dominio absoluto que Washington exerce desde a caída da Unión Soviética (ou cando menos dividir de facto o mundo en dous bloques). As formas que utilizan os Estados Unidos están limitadas exclusivamente polo inicio dunha guerra nuclear. Eis un extracto da análise publicada no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza.
Sermos Galiza conversa co embaixador venezolano en España, Mario Isea, quen denuncia as manobras auspiciadas polo Goberno norteamericano. Asegura que o seu é un pobo "consciente e con dignidade", preparado "para se defender do imperio e dos seus títeres". Láiase das decisións do Goberno español, condicionado por asumir informacións "inexactas".
O presidente de Venezuela Nicolás Maduro dá por derrotada “a escaramuza golpista que pretendeu encher de violencia” o país. Así o comunicou a través das redes sociais e nunha intervención televisada. Mentres, Leopoldo López escapou á embaixada española e 25 militares que apoiaron o movemento, á do Brasil de Bolsonaro.
O estudoso do exilio económico e político galego e especialista en Venezuela Xurxo Martiz achega nesta análise as chaves da crise que vive o país, cunha nova escalada na sabotaxe eléctrica. Esta semana o Goberno venezuelano denunciaba a ocupación “forzosa e ilegal” das súas sedes diplomáticas nos Estados Unidos. Eis un extracto da análise, publicada no número 339 do semanario Sermos Galiza.
A pasada cuarta feira 14 de marzo, o salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC acollía unha charla de Martín Pacheco, cónsul venezolano en Vigo, organizada polo sindicato estudantil nacionalista Erguer. O acto tivo que ser suspendido antes de tempo após as intervencións de venezolanos disidintes debido ao clima de alta tensión. O cónsul tivo que ser escoltado.
O seu obxectivo explícito é acabar co "socialismo" no continente americano. Tamén nos propios EUA. Nun mitin, Trump enviou un recado aos sectores do Partido Demócrata que nos últimos tempos fan as beira coa etiqueta socialista, na tradición norteamericana vista como un sinónimo de comunista. "América [polos EUA] nunca será un país socialista", dixo.
Internacionalista desde a praxe e non só desde a teoría, Katu Arkonada (Barakaldo, 1978) é un grande coñecedor, sobre o terreno, da realidade latino-americana en xeral e dos movimentos anti-imperialistas en particular. Durante 8 anos, e como asesor do goberno, colaborou coa experiencia transformadora que lidera Evo Morales en Bolivia. Activista da Rede de Intelectuais en Defensa da Humanidade, acompaña moi de perto os dramáticos acontecimentos actualmente en curso en Venezuela. Falamos sobre eles nesta entrevista.
Un xornalista da CRTVG foi retido a pasada semana no aeroporto de Caracas durante cinco horas. Regresaba de Venezuela e as autoridades daquel país detectaron que “non cumprira cos requisitos legais para desenvolver esta actividade profesional en moitos países do mundo”. Para o comité de empresa, que denuncia esta situación nun comunicado, trátase “dunha irresponsabilidade dos xestores da CRTVG”.
É a voz da revolución bolivariana no noso país. Antigo director de Comunicación de Hugo Chávez, Martín Pacheco, cónsul de Venezuela en Vigo, ten claro que a saída ao conflito político que vive o seu país é a que apoian actores internacionais como México e Uruguai. Aposta, pois, nun diálogo aberto coa oposición, mais desde o respeito á soberanía nacional, nas antípodas do intervencionismo de Washington e Bruxelas. Eis un extracto da conversa publicada no número 332 de Sermos Galiza.
Intelectuais galegos de todos os ámbitos asinaron un comunicado no que solicitan ao presidente español que mude a posición diplomática do goberno con respecto ao golpe de Estado en Venezuela, a cal cualifican de "inxerencista". Entre as persoas asinantes están a catedrática da USC e cineasta Margarita Ledo, os escritores Méndez Ferrín e Anxo Angueira ou o dirixente de Anova Xosé Manuel Beiras.
Martín Pacheco Murillo, aos seus 70 anos, ten moita memoria que contar da Revolución bolivariana, mais o seu ollar prefire proxectarse cara ao futuro, cara ás decisivas eleccións presidenciais venezuelanas deste próximo 20 de maio. "O pobo venezuelano teno moi claro e a paz vai vencer a violencia", agoira. Primeiro xefe de imprensa de Hugo Chávez, quer como candidato quer como presidente da República, é o cónsul xeral de Venezuela na Galiza. Avogado, diplomático, xornalista, Martín Pacheco fala tamén nesta entrevista da intervención de Banesco por parte das autoridades do seu país.
Quero nesta oportunidade tratar dous temas de actualidade. E non quero deixar ningún deles para a vindeira semana, porque coido que é importante analizalos en quente.
O cheque venezolano
Un dos maiores...
Na práctica, son tres asociacións dirixidas por cargos do PP as responsábeis legais de identificar que emigrantes poden recibir asistencia da Xunta e de entregarlles esa axuda, medicamentos por exemplo. Así o estabelecen os convenios asinados discrecionalmente por Emigración, convenios aos que tivo acceso Sermos Galiza. Eis un extracto da información publicada no papel.
Un reducido grupo de militares e civís armados, dirixidos por un capitán retirado da Garda Nacional, escenificaron a primeira hora da mañá un conato de insurrección na cidade de Valencia. O goberno asegura manter o control e oito persoas foron detidas, cinco delas civís. Producíronse dúas mortes durante o asalto. Non se rexistrou ningún outro incidente no país.