violencia-de-xenero
Os servizos de información á muller adoecen
Saturados e desmantelados

Os servizos de información á muller adoecen

Os primeiros Centros de Información á Muller (CIM) da Galiza están a piques de facer 20 anos. Neste tempo convertéronse nun servizo imprescindíbel de xestión municipal que conta con fondos da Administración autonómica e do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Insuficientes, segundo o persoal que atende a diario as necesidades das mulleres vítimas das violencias machistas.
Baixa o número de denuncias por violencia de xénero na Galiza
Datos do Observatorio contra a Violencia de Xénero

Baixa o número de denuncias por violencia de xénero na Galiza

Segundo os datos ofrecidos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), procedentes do Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial; no segundo trimestre do ano, Galiza presenta a terceira taxa de violencia de xénero máis baixa de todo o territorio, con 11 vítimas de cada 10.000 mulleres.

OPINIÓN

A violencia si ten xénero

O feminismo gañou moitas batallas. Unha decisiva: a das ideas. Cando unha pancarta nega o asasinato das mulleres por ser mulleres, sentimos rabia e carraxe. Mais, se nos detemos, podemos albiscar outra interpretación desta campaña contra o recoñecemento da violencia de...

“No caso de Valga os medios fan todo o contrario do que hai que facer”
Carme Adán, profesora de Filosofía e autora de 'Feminicidio'.

“No caso de Valga os medios fan todo o contrario do que hai que facer”

Carme Adán (Donostia, 1966), doutora en Filosofía, docente e exsecretaria xeral de Igualdade na Xunta do bipartito, presenta esta semana a tradución ao catalán do seu último ensaio, Feminicidio (2018), que publica a editorial Triangular Edicións. A obra leva tres edicións en galego en menos dun ano e tamén foi traducido ao castelán. “É un libro que rebate algunhas cuestións que agora mesmo se intentan poñer no debate, como esa de que a violencia non ten xénero. Teno”.
OPINIÓN

Violencias de xénero

Podemos as persoas relacionármonos sen esa teima polo xénero? O xenerocentrismo , nunha sociedade que reclama os dereitos dos LGBT (lesbianas, gais, transexuais/transxéneros e bisexuais) parece un concepto caduco máis propio daqueles tempos en que a reprodución era...

As carencias da xustiza contra a violencia machista

As carencias da xustiza contra a violencia machista

A violencia contra as mulleres ocupa unha parte cada vez máis ampla do debate público. E, porén, a lexislación non acaba de funcionar. As carencias materiais dificultan o desenvolvemento de pactos e normas ao respecto. Os xulgados especializados, só dous na Galiza, non dan feito. Algunhas voces esixen iren máis alá e piden unha “despatriarcalización da xustiza”. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 323 de Sermos Galiza.

A violencia machista no traballo
As denuncias aumentan máis dun 17%

A violencia machista no traballo

O machismo ten moitas facianas. A realidade indica que a violencia sobre as mulleres atinxe todos os eidos da vida, incluído o laboral, un ámbito sobre o que apenas hai estatísticas, mais no que as denuncias aumentaron máis dun 17% no último ano. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 323 de Sermos Galiza.

A atención ás violencias machistas desde o local
Análise

A atención ás violencias machistas desde o local

Dolores G. Docobo, enfermeira no centro de saúde de Ribadeo, e Luísa Couceiro, directora e asesora xurídica do CIM de Ribadeo, ofrecen para Sermos Galiza unha radiografía do combate contra a violencia machista desde o ámbito local.

A violencia machista, materia pendente da xustiza
25N

A violencia machista, materia pendente da xustiza

Os xulgados galegos reciben de media cada día 18 denuncias por violencia machista e máis de 3.100 mulleres contan con protección e seguimento, un 22% máis que en 2016. As cifras crecen, mais non os recursos. Tanto Paz Filgueira, xuíza do xulgado de violencia sobre a muller de Vigo, como Pilar Fernández, fiscal especializada do ramo, ofrecen para Sermos Galiza unha radiografía que pon de manifesto a falta de formación e de compromiso político. Eis un extracto do publicado do Sermos 173.

"Se a loita contra a violencia machista é unha prioridade política, ten que ser unha prioridade orzamentaria"
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

"Se a loita contra a violencia machista é unha prioridade política, ten que ser unha prioridade orzamentaria"

A xornada de traballo convocada polo Bloque na mañá do sábado “Avanzando contra a violencia machista” xuntou no Parlamento de Galiza representantes da xudicatura, dos CIM e de colectivos feministas contra a violencia machista. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou que a Xunta dedique o 1% do orzamento á loita contra a violencia de xénero e xulgados especializados.

“Hai que dar o debate sobre o feminicidio”
CARME ADáN, PARLAMENTAR DO BNG

“Hai que dar o debate sobre o feminicidio”

A portavoz parlamentar do BNG en materia de Igualdade, Carme Adán, vén de presentar unha iniciativa parlamentar na que propón a elaboración dun estatuto de vítima de feminicidio nun momento en que “as mulleres morren polo simple feito de ser muller”.