violencia-machista
“O tempo de pedir xestos rematou, é momento de conquistar realidades”
MILES DE PERSOAS NAS MOBILIZACIÓNS FEMINISTAS CONTRA O ASASINATO DE VALGA

“O tempo de pedir xestos rematou, é momento de conquistar realidades”

Miles de persoas acoden ás convocatorias para rexeitar a violencia machista e render unha homenaxe ás tres vítimas de Valga. As feministas esixen “medidas contundentes e reais, recursos e orzamentos” para combater a violencia. "Esta mobilización demostra que o feminismo galego está un paso por diante e reclama con forza accións concretas e que as administracións se responsabilicen de vez", dixo unha portavoz da Marcha Mundial das Mulleres ao final dunha xornada na que houbo más de medio cento de mobilizacións. 
Asasinadas tres mulleres en Cordeiro, Valga
TRIPLO CRIME MACHISTA

Asasinadas tres mulleres en Cordeiro, Valga

O presunto responsábel deste triplo asasinato machista entregouse á Garda Civil após matar a súa exmuller (Sandra Boquete), a excuñada (Alba Boquete) e exsogra (María Elena Jamardo). Os asasinatos teríanse producido a primeira hora da mañá e co emprego dunha arma de fogo para a que non tiña autorización. Non había denuncias previas.

Trump, ante unha nova acusación por agresión sexual: "Ela non é o meu tipo"
"Adoro iso. Estou moi feliz de non ser o seu tipo", replica E. Jean Carroll

Trump, ante unha nova acusación por agresión sexual: "Ela non é o meu tipo"

Segunda feira pasada a escritora e columnista da revista Elle E. Jean Carroll referiu unha agresión sexual sofrida a mans de Donald Trump e da que tería sido obxecto nos probadores dunha tenda de roupa de alto standing en Manhattan, a mediados dos 90 do pasado século. É un novo testemuño entre a ducia de mulleres que teñen denunciado abusos pretensamente perpetrados contra elas por Trump antes de o magnate inmobiliario e celebridade televisiva ter posto os pés no Despacho Oval.

 

O BNG pregunta a Feixóo “se coincide con Vox en que non existe a violencia de xénero”

O BNG pregunta a Feixóo “se coincide con Vox en que non existe a violencia de xénero”

O movemento da dirección estatal do Partido Popular cara ás teses ultras de Vox teñen efectos en Galiza. Non por acaso, Alberto Núñez Feixoo foi un dos apoios do presidente do partido Pablo Casado, abandeirado do xiro reaccionario. Neste contexto, o BNG preguntou hoxe ao xefe do Executivo galego “se coincide con Vox en que non existe a violencia de xénero”.
 

A Audiencia si que a creu

A Audiencia si que a creu

A Audiencia Provincial da Coruña ordenou reabrir a causa por abuso sexual contra o ex alcalde de Pontecesures

OPINIÓN

Violencias de xénero

Podemos as persoas relacionármonos sen esa teima polo xénero? O xenerocentrismo , nunha sociedade que reclama os dereitos dos LGBT (lesbianas, gais, transexuais/transxéneros e bisexuais) parece un concepto caduco máis propio daqueles tempos en que a reprodución era...

O TSXN confirma a sentenza da Manada e desbota a condena por violación

O TSXN confirma a sentenza da Manada e desbota a condena por violación

O Tribunal Superior de Xustiza de Nafarroa confirma a sentenza de condena por abusos sexuais aos cinco integrantes de La Manada. Non considera de aplicación por tanto o deilto de agresión sexual (equivalente á violación). Porén, 2 dos 5 membros do tribunal emitiron un voto particular en desacordo.

Facer visíbel o que fica oculto
IGUALDADE

Facer visíbel o que fica oculto

Sobre as táboas, sete testemuños reais de maltrato aos que dan vida as actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodriguez. Elas representan, baixo a dirección de Marián Bañobre, tres xeracións de mulleres que evidencian que non hai unha idade nin un perfil para as vítimas da violencia machista. Referímonos a Invisibles, a adaptación do libro de Montse Fajardo producida por Redrum Teatro, a Concellaría de Igualdade de Pontevedra e o Centro Dramático Galego. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 323 de Sermos Galiza.

As carencias da xustiza contra a violencia machista

As carencias da xustiza contra a violencia machista

A violencia contra as mulleres ocupa unha parte cada vez máis ampla do debate público. E, porén, a lexislación non acaba de funcionar. As carencias materiais dificultan o desenvolvemento de pactos e normas ao respecto. Os xulgados especializados, só dous na Galiza, non dan feito. Algunhas voces esixen iren máis alá e piden unha “despatriarcalización da xustiza”. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 323 de Sermos Galiza.

OPINIÓN

A violación de todo

Noxento segundo aniversario da violación realizada  por parte dos sobradamente coñecidos membros da mediaticamente coñecida coma a "manada". Todo un desprezo para o mundo animal, dito sexa de paso.
 

Aproveitar esta data só é unha escusa,...

Por esclarecer as circunstancias do asasinato dunha muller na Coruña
Activado o protocolo de violencia de xénero, mais non se desbotan outras hipóteses

Por esclarecer as circunstancias do asasinato dunha muller na Coruña

Todos os indicios apuntan a que M.J.M.A., de 57 anos, foi degolada polo seu esposo, un home de 54 anos. O autor do feminicidio chamou a policía, ficou no lugar -o domicilio do matrimonio- a agardar a chegada dos axentes e non opuxo resistencia á detención. A muller padecía unha enfermidade terminal. Fontes da investigación manexan a hipótese de que o estado de saúde da muller poida ter a ver coa actuación da súa parella.

OPINIÓN

Tan sinxelo como...

QUE todo o Sistema está defendendo as súas reservas de alimentos. Teme caer no baleiro, na fame de non saber que facer por iso son vítimas conscientes ou inconscientes das súas prácticas de vida. Non están preparados para novos plantexamentos que lles cuestionan todo o seu...

OPINIÓN

Elas erguen conciencia

O pasado xoves 21 de xuño as mulleres ergueron a conciencia nas rúas de todo o estado. Na nosa contorna social e laboral espallouse unha reacción que non foi a primeira do seu tipo, senón o froito de moitas outras indignacións dunha xustiza que, ás veces, emite...

OPINIÓN

Sobre juízes, sentenças, quadrúpedes e outros: perguntas

Penso: Se um guarda civil, ponhamos Manuel Guerrero, na sua conta de Whatsapp, afirma que “violaria (sic) uma russa despistada e daria uma malheira a um neno de 12 anos” não deveriam ser sobejos esses dados para a sua expulsão do benemérito corpo? Essa...

Editorial Sermos301: Magdalena, polas que xa non estades
Editorial Sermos301

Editorial Sermos301: Magdalena, polas que xa non estades

Máis un crime machista na Galiza. A vítima é Magdalena Moreira Alonso, que vivía en Chenlo, no Porriño. Hai apenas un mes, alugara un apartamento, en Tui, para comezar unha nova vida. Xa nunca poderá emprendela. Tomás Romero tronzoulla....

OPINIÓN

A violación

Para xulgar a violación é preciso entender de onde provén e a que responde. A violación xorde das ideas supremacistas que se teñen do que son as mulleres e para que son, e úsase tamén para castigar, torturar e amedrontar.

 

A violación é...

OPINIÓN

Há 'manadas' e 'manadas'

Disque os lobos van en manadas. Disque algúns machos da especie humana tambén. Disque as manadas conteñen entre dous e seis lobos, e anque os humanos digan da ferocidade dos lobos nouturnos, estes endexamais serían quen de fazer o que eses cinco lle fixeron a esa moza nos...

OPINIÓN

Carta a miña filla

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018

 


"Querida futura filla,

 

Aínda non naciches, de feito non estás planeada ata dentro moitos anos, e xa temo pola túa vida. Pola situación que...

OPINIÓN

A xustiza pola man

 

Aqués que ten fama de honrados na vila
roubáronme tanta brancura que eu tiña,
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa decote puñéronma en tiras.

Rosalia de...