vivenda
O PP rexeita no Parlamento a limitar o prezo dos alugueres

O PP rexeita no Parlamento a limitar o prezo dos alugueres

Ao PP non lle preocupa a suba sostida dos prezos dos alugueres na Galiza. Ou polo menos iso é que se deduce do debate e a súa postura parlamentaria en contra de limitalos, expresada en pleno esta cuarta feira 7 de xullo na votación dunha iniciativa presentada polo grupo parlamentario de En Marea.

Galiza entrega 0,2% do total de vivenda social do conxunto do estado

Galiza entrega 0,2% do total de vivenda social do conxunto do estado

Galiza está á cola do Estado en vivenda social e protexida. Un posto que non se conseguiu nin por arte de maxia nin por casualidade. As políticas desenvolvidas nestes anos polos gobernos explican que no país haxa 12.000 persoas demandantes de vivenda protexida. Aliás, en 2017 só se entregaron as chaves de 12 pisos sociais, o que representa 0,2% do total no Estado, a peor porcentaxe entre todos os territorios. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 320 de Sermos Galiza.

Con teito, mais sen casa

Con teito, mais sen casa

Despois dunha década de crack inmobiliario, as expectativas dos actores non mudaron: uns pensan en volver construír pisos, o aforro volve especular (agora cos alugueiros) e as persoas excluídas seguen sen ver solucións aos problemas de vivenda. As políticas públicas están desorientadas e nestes anos ninguén se preocupou por saber cantas casas están baleiras. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 257.

Compartir vivenda na época dourada
No Sermos Galiza 217

Compartir vivenda na época dourada

Na Galiza a filosofía da covivenda para persoas maiores aínda non se espallou, mais existen iniciativas como “A túa outra casa”, da CDR O Viso, que representa unha alternativa de continuidade á vivenda habitual e un modelo diferente ao das residencias. Eis un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 217, que xa está dispoñíbel na loxa.

Na rúa unha vítima de violencia machista e o seu fillo con autismo
DENUNCIA DE STOP DESAFIUZAMENTOS

Na rúa unha vítima de violencia machista e o seu fillo con autismo

Stop Desafiuzamentos vén de dar a coñecer o caso dunha muller vítima da violencia machista, sen ningún tipo de apoio familiar, e cun fillo menor con autismo e dependencia de grao tres que carece de fogar dado o “desleixo” do Concello de San Cibrao das Viñas e da Xunta de Galiza.

O PP elimina definitivamente as axudas á vivenda

O PP elimina definitivamente as axudas á vivenda

O PP vén de eliminar mediante unha enmenda á lei presentada no Senado as axudas á vivenda. A deputada do BNG, Carme Adán, revelou a operación en comisión parlamentaria e mostroulle aos deputados do PP a enmenda pola cal o goberno prescinde das axudas coñecidas como subsidiación de préstamos.

Juárez nega as cargas ante o portal de Aurelia e afirma que a policía "só opuxo a forza dos seus corpos contra outros corpos"

Juárez nega as cargas ante o portal de Aurelia e afirma que a policía "só opuxo a forza dos seus corpos contra outros corpos"

O delegado do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez, non debe ter acceso nin as fotografías de imprensa nin a imaxes de televisión. Por iso nega que houbese cargas policiais esta segunda feira perante o portal de Aurelia. Segundo a versión, a actitude da policía foi só defensiva. "A policía só opuxo a forza dos seus corpos contra outros corpos, dixo, alén de enfatizar que non se empregaran medios antidisturbios. O despexo de Aurelia podería ter sido aprazado até a vindeira semana. Porén, Stop Desafiuzamentos non se fía e manterá as quendas. Aurelia só aceitaría mudarse a unha morada na contorna daquela na que vive.