xabier-p-docampo
Todo pronto para a homenaxe a Xabier P. Docampo
A cuarta feira 29 de maio

Todo pronto para a homenaxe a Xabier P. Docampo

A cuarta feira, 29 de maio, A Coruña acollerá un acto de homenaxe ao escritor Xabier P. Docampo organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

Homenaxe a Xabier Docampo, o escritor amigo
29 de maio na Coruña

Homenaxe a Xabier Docampo, o escritor amigo

“Grande homenaxe a que estamos argallando, cuxo día principal será o 29 de maio no Teatro Rosalía de Castro”. Así comunican a Asociación Cultural Alexandre Bóveda e mais a Asociación de Escritoras en Lingua Galega a xornada, con varias previas, que están a preparar en honra do do escritor Xabier Puente Docampo (Rábade, 1946 – A Coruña, 2018).
 

Xabier, o fillo de Raimundo e Teresa
En memoria

Xabier, o fillo de Raimundo e Teresa

Quen fora o seu editor e amigo, Manuel Bragado, lembra para Sermos Galiza a impronta que deixou o escritor recentemente falecido Xabier P. Docampo (Rábade, 1946-A Coruña, 2018), voz imprescindíbel da literatura infantil e xuvenil.

OPINIÓN

Xabier, non che puiden facer o obituario

Xabier, conste que tiña pensado non escribir e ficar calado. Marchaches e non me nacían palabras. Dixen, “morreu Xabier Docampo” e non sabía dicir máis nada. Mais logo lembrei que fixéramos o acordo de facer un o obituario do outro. E tocoume a min. Fíxeno noutras ocasións...

OPINIÓN

E serás unha cerdeira!

Benquerido Xabier, direi  irmau, como gustabas de practicar e nos aprender desde a póla maior da amizade cómplice e honesta, en abrazo desinteresado, dinme que hoxe a brétema da mañanciña pechou o libro das viaxes imaxinarias, mais non o do camiño conxunto de leccións...

“Describo o mundo exactamente como o coñecín”
Entrevistamos Xabier P. Docampo

“Describo o mundo exactamente como o coñecín”

Xabier P. Docampo (Rábade, 1946) é un home de rostro amábel e sorriso sincero, un home doce que escrebe claro e cándido sobre experiencias terríbeis cunha precisión inquietante para expresar o horror e a miseria do mundo na que só sobreviven as nenas e os nenos. Eis un extracto da conversa, publicada no número 283 de Sermos Galiza.