xogo
Redondela mobilízase contra as casas de apostas

Redondela mobilízase contra as casas de apostas

Centos de persoas clamaron contra a instalación dun novo salón de xogos na rúa Ernestina Otero, a tan só 200 metros da zona escolar de A Marisma, onde se sitúan un centro de Primaria e tres de Secundaria.

“Papá, quero ser tipster”: o mundo das salas de apostas deportivas

“Papá, quero ser tipster”: o mundo das salas de apostas deportivas

En centros comerciais e estacións de autobuses, a carón de escolas e parques infantís… Nada resiste a voracidade das empresas do xogo, que en pouco máis de cinco anos fixeron que o concepto de salón de apostas deportivas pasase de ser algo exótico a un elemento máis da paisaxe urbana co que hai que convivir, como a panadaría ou a lavandaría. Porén, entidades sociais, veciñais e expertos e expertas non se resignan e alzan a súa voz esixíndolle á clase política que tome medidas contra un fenómeno que, como a heroína nos 80, ten enganchados miles de mozos e mozas. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 364 do semanario en papel Sermos Galiza.
Apostar a perder
A adicción na era dixital

Apostar a perder

Desde a regularización do xogo en liña, en xuño de 2012, o sector non deixa de rexistrar cifras récord. Crecen os beneficios, as novas persoas usuarias, as xogadoras e xogadores activos, as cantidades apostadas, o investimento en marketing e publicidade, e tamén as e os ludópatas. Xa non son os que eran. Xogan menos ás comecartos e apostan máis pola internet. Comezan moi novos, algúns moito antes de facer os 18, sen percibir o risco de acadar a maioría de idade sendo adictos ao xogo. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 324 de Sermos Galiza.

Un xogo de mesa para aprender sobre o país
Ti non es de aquí?

Un xogo de mesa para aprender sobre o país

‘Ti non es de aquí?’ é, na actualidade, un dos escasos xogos de mesa en galego dispoñíbeis no mercado. Obra de OZOCOgz, procura un lecer que non estea rifado coa cultura e a aprendizaxe sobre a historia e a realidade de Galiza.

Un xogo insuficiente e unha má arbitraxe enlean a vida ao Depor

Un xogo insuficiente e unha má arbitraxe enlean a vida ao Depor

A derrota inevitábel (o Deportivo levaba 7 xogos consecutivos sen perder) chegou no pior momento e da pior forma. O Deportivo non tivo nen a tensión nen a electricidade nen a velocidade que é precisa para gañar en Valladolid á disciplinada e seria banda de xogadores treinados por Dkjukic. Un erro arbitral anulando un gol legal de Nelson fixo o resto.

O Depor gaña o derbi máis decisivo

O Depor gaña o derbi máis decisivo

#onosoderbi era o derbi máis decisivo dos últimos, co Depor como pechacancelas e o Celta, penúltimo. O Deportivo gaña (3-1) e sobrevive, salva un match ball definitivo.  Primeira vitoria do combo branco azul con Fernando no banquiño. O talento de Valerón e a expulsión de Iago Aspas, as claves do encontro. O Deportivo suma 20 pontos. O Celta, 23. As matemáticas conceden opcións de salvación ás dúas equipas galegas.
Moito máis que tres puntos en xogo en #Onosoderbi

Moito máis que tres puntos en xogo en #Onosoderbi

Xa está aquí #onosoderbi.  Faltan minutos. Todos os derbis son especiais, mais este, se é especial por algo, é polo seu dramatismo. Depor e Celta -último e penúltimo na táboa clasificatoria- paséanse polo gume da navalla. Non hai permiso para fallar, nomeadamente no caso da equipa branquiazul.
Feijóo, sobre Bárcenas: "É un xogo de pillos"

Feijóo, sobre Bárcenas: "É un xogo de pillos"

Conferencia de imprensa. Dioivo de perguntas sobre Bárcenas. Feijóo púxose na pel da xente do común: "Teño as mesmas dúbidas que calquera cidadán", dixo. Ao seu xuízo, o escándalo responde a "un xogo de pillos" que estaría orquestrado para prexudicar o PP. Segundo o presidente da Xunta, o único que se pode dar por certo a estas alturas é a existencia dunha conta en Suiza.

A onda de despedimentos chega aos rexistros da propiedade: 150 empregos en xogo na Galiza

O convenio asinado coa Xunta de Galiza polo que se dota de funcións ás oficinas liquidadoras expira do 31 de decembro e, após a creación da Axencia tributaria galega, non hai intención de renovalo. [email protected] negocian coas novas atribucións que terán ao privatizar Gallardón os rexistros civís, e coa táboa de retribucións vixente: o 60% do recadado vai para @ rexistradora ou rexistrador, e co 40% restante páganse os gastos fixos e os soldos [email protected] [email protected]
OPINIÓN

O fóra de xogo do PP

  Estamos no ecuador da campaña electoral. Atrás queda unha semana marcada polo incumprimento, por parte do PP, da Lei electoral, nunha cadea que suma xa nove amoestacións, máis de unha por día, e que non parece deterse; días definidos polos intentos, do mesmo partido, de impedir toda manifestación pública de desacordo coas súas políticas de recortes; días ennegrecidos polas declaracións