xohana-torres
As fillas de Penélope
Morte de Xohana Torres

As fillas de Penélope

O maxisterio de Xohana Torres (1931-2017) foi intempestivo. Atravesou o seu propio tempo, impúxose á liñalidade das xeracións e confluíu coas poetas máis rebeldes das últimas décadas. A autora do depuradísimo e influente Tempo de ría (1992) dialogou de igual a igual coas novas promocións. E as fillas de Penélope responderon coa decisión de tamén navegar e socializaren a maxia, porque esta "existe e pode ser todas".

Morre Xohana Torres

Morre Xohana Torres

Comoción na cultura galega: esta terza feira morreu en Vigo Xohana Torres (Compostela, 1931). Poeta, narradora e dramaturga, deixa unha obra de grande alento. En plena ditadura, abriu fendas para a cultura e a lingua do país. Pertencía a unha xeración, a das Festas Minervais, mais a súa obra non é redutíbel a unha franxa ou a un grupo etario. Perfeccionista, tiña un enorme dominio do oficio. Mais non todo era técnica, era perfeitamente quen de producir emoción e beleza. Cantora da súa lingua e cantora tamén da nación, o seu legado perdurará.

Xohana Torres regresa ás librarías após 14 anos
Con "Elexías a Lola"

Xohana Torres regresa ás librarías após 14 anos

Unha das grandes poetas da literatura galega, Xohana Torres, regresa aos andeis das librarías coa obra Elexías a Lola, un traballo editado por Engaiolarte que inclúe poemas inéditos, os primeiros que vén a luz desde que en 2002 se publicara Poesías reunidas.

O Concello de Santiago recupera o Premio Xohana Torres

O Concello de Santiago recupera o Premio Xohana Torres

O Concello de Santiago vén de recuperar, a proposta do BNG, o Premio Xohana Torres de ensaio que eliminara a corporación municipal do PP, liderada daquela por Conde Rosa. Hoxe, 8 de marzo, abre o prazo de presentación.