xulgados
O xulgado cita como investigados a técnicos do Porto e do Concello polo accidente do Marisquiño

O xulgado cita como investigados a técnicos do Porto e do Concello polo accidente do Marisquiño

O Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, encargado de investigar o derrubamento do peirao das Avenidas o 12 de agosto de 2018, durante a celebración do festival O Marisquiño, pide ao Porto que informe sobre a identidade do director técnico ou do técnico encargado do control e supervisión do estado das infraestruturas da súa titularidade en agosto de 2018 para, unha vez identificado, tomarlle declaración como investigado. Cita, ademais, en calidade de investigado o enxeñeiro xefe de Vías e Obras do Concello, así como o xefe de Urbanización e Infraestruturas
“Situacións de total precariedade” para loitar contra a violencia machista nos xulgados
Recortes

“Situacións de total precariedade” para loitar contra a violencia machista nos xulgados

“Non está xustificado un recorte coma este, é facernos traballar en situacións de total precariedade”. Esta é a opinión de Pilar Fernández, fiscal especializada en violencia machista, sobre a falta de substituta ou substituto do xuíz titular desta sección nos xulgados da Coruña. A funcionaria responsabiliza a Xunta de falta de compromiso político na loita contra esta problemática estrutural.

O teatro métese nos xulgados con “Dura Lex”

O teatro métese nos xulgados con “Dura Lex”

Con asesoramento legal, a compañía Volta e Dálle está a preparar “Dura Lex”, un monólogo que entra no corpo da xustiza para levar ao teatro de maneira corrosiva o actual recorte de dereitos e liberdades. Pepe Penabade sobre o escenario, Carlos Santiago como autor e director e Comba Campoy na dirección, produción e comunicación danlle vida a un espectáculo que recorre ao mecenado social. 

O proceso contra Antolín Alcántara e Víctor García, visto para sentenza

O proceso contra Antolín Alcántara e Víctor García, visto para sentenza

Constatouse a obsesión do Ministerio Fiscal por conseguir a condena dos dous dirixentes da CIG que participaron na folga do Metal de 2007”, segundo o sindicato. Logo de sete horas de xuízo, a fiscal non rebaixou a petición de cinco anos de cadea, malia que a súa responsabilidade non quedou acreditada.

Os sindicatos únense para denunciar que o goberno procura "unha xustiza só para ricos"

Os sindicatos únense para denunciar que o goberno procura "unha xustiza só para ricos"

As centrais CIG, CCOO e CSIF denunciaron a amortización de 106 prazas de persoal funcionario nos Xulgados do país, o que “afondará no deterioro do sistema xudicial”, de igual xeito que a redución do número de partidos xudiciais. Ao mesmo tempo, consideran que co incremento das taxas o Goberno español pretende instaurar “unha Xustiza só para ricos”.